Se ben no artigo 5 detalla as competencias persoais e profesionais do
técnico titulado, vos transcribo o artigo 4, no que explica a competencia xeral
do titulado como segue:
Artigo 4. Competencia xeral: A competencia xeral do título de técnico
superior en Organización e Control de Obras de Construción consiste en
organizar a pé de obra traballos de execución de edificación e obra civil
xestionando recursos, coordinando faenas e controlando unidades de obra
realizadas, consonte as especificacións do proxecto, a planificación da obra,
as instrucións recibidas, a normativa aplicable e as condicións establecidas en
materia ambiental, de calidade, de seguridade e de saúde laboral.
Como teredes advertido os que esteades un pouco neste mundo, o titulado
estará capacitado fundamentalmente para labores de encargado de obra.
Agora ben, qué fai un encargado de obra será o que vos preguntedes quenes
non esteades tan postos: pois ben, é un elemento fundamental en calquera obra
medianamente grande, que mentres o xefe de obra (polo común un arquitecto ou
enxeñeiro técnico) leva o control económico e de calidade dos materiais, o
encargado ven sendo quen está directamente enriba dos traballos, controlando en
primeira instancia ás subcontratas e sendo en definitiva a man dereita do xefe
de obra no que a organización e planificación se refire.
Con respecto á oportunidade de escomenzar con este título, que xa é
ofertado no IES Politécnico de Vigo, cadra estupendamente (se cadra por máis
sorte que outra cousa) co momento de recuperación do sector que comeza a
albiscarse, fundamentalmente pola ausencia de persoal cualificado laboralmente
para exercer esta función.
Se vos interesades polos encargados de obra, veredes que unha grande maioría
deles foron rapaces que escomezaron traballar aos 17 anos sen ter idea de nada,
e que despois de máis de quince anos vendo executarse obras e aprendendo a
manexar planos (moitas veces a golpes) acabaron entendendo de construción o
suficiente para que se lles adxudicara esta responsabilidade.
O que ocorre cando se fai un ciclo destes é que eses quince anos redúcense
a tres. Non quero decir con isto que a un rapaz recen titulado poida adxudicárselle
unha obra polas boas, terá que pasar por unha temporada de fogueo na
construción, pero ao cabo de tres anos en obra xa estará capacitado para esta
labor, que ademais tamén está bastante ben remunerada.
En fin, que aquí tendes outra opción para aqueles que pretendan iniciarse
na construción, un ciclo de FP de nova creación que posiblemente sexa o que máis
saída profesional e máis capacidade outorga na rama de Edificación e Obra
Civil.
Algunhas ligazóns por se queredes saber algo máis:
Deica.