Cúmprense 10 anos
da creación das licenzas Creative Commons. E dez anos despois apenas parecemos
saber nada das mesmas, así que plantexo esta entrada como outro recordatorio.
A primeira
cuestión que debemos plantexar é que cada vez que facemos un contido
divulgativo temos que apoiarnos en fontes e que as mesmas sempre estarán dun ou
outro xeito sometidas a dereitos de propiedade intelectual. Así, cada vez que
eu faga un artigo no blogue tería que solicitar permisos para difundir
información, xa que a maior parte da que cito non me pertence. Isto podería
acabar sendo un lío para o propio autor, que podería verse asaltado na rede por
solicitudes para empregar o material, e o certo é que dificultaría a
distribución de documentación posta a libre disposición dos internautas.
Se ben cando nos
atopamos con material protexido por copyright nos atopamos con que tódolos dereitos
están reservados, cando temos un material protexido por unha licenza Creative
Commons (a partir daquí CC) algúns dos seus dereitos están reservados.
Se atopamos un curso con licenza CC o dereito de facer copias pode estar aberto
ao público. Pode parecer un pouco difícil de explicar, así que igual este vídeo vos aclara algo.
O que quere dicir
isto é que o material baixo licenza CC non é de libre emprego como nalgunhas ocasións temos escoitado. CC adopta unha
posición intermedia entre a libre distribución e o copyright, de xeito que se
convirte nunha ferramenta útil para o autor novel, que pode distribuír por
Internet coa pretensión de que o seu traballo sexa recoñecido sen que as
multinacionais se apropien do seu traballo, o auténtico gran perigo para
a distribución libre na rede.
Agora ben, cando
se emprega unha licenza CC o autor pode escoller entre diferentes condicións da
mesma, o que dará lugar a diferentes xeitos de manexo do traballo. Son os
seguintes:
Recoñecemento (Attribution): o creador permite copiar, distribuír e
comunicar publicamente a obra a condición de citar adecuadamente ao autor
orixinal. Exprésase coa seguinte icona:
Non comercial (Non commercial): permítese comunicar, distribuír e
comunicar publicamente a obra mentres non se empregue con fins comerciais.
Exprésase coa
seguinte icona:
Prohibición de obras derivadas (No derivate works): permítese
comunicar, distribuír e comunicar publicamente unha copia da obra, pero non realizar
traballos derivados dela.
Exprésase coa
seguinte icona:
Redistribución baixo a mesma
licenza (Share alike): permítese distribuír obras derivadas soio baixo unha
licenza idéntica á que regula a obra orixinal.
Exprésase coa
seguinte icona:
Agora ben, estas catro condicións básicas poden
reagruparse de xeito que podemos efectuar ata 11 combinacións posibles da licenza
CC, poidendo quedar a mesma como segue:
Agora ben, o emprego deste tipo de licenzas conduce a cousas tan chamativas e interesantes como a creación do Barcelona Creative Commons Film Festival, un festival de cine tan metido na web 3.0 que están na procura de asociacións e particulares que queiran copiar o festival. Sí, como acabades de ler, podedes realizar este festival en calquera lugar do mundo.
E simplemente con estas ideas pretendía deixar a
entrada no blogue, aínda que se hai dudas ou consultas ao respecto, o que
suscribe intentará, dentro das súas limitacións, dar resposta ás mesmas.
Ainda que como
confío nas ansias de coñecer máis persoalmente e de ir ás raíces deste novo
xeito de distribución, vos deixo as fontes das que tirei información para o
artigo.
Espero que vos tivera servido de algo. Feliz fin de semana.
Ningún comentario:
Publicar un comentario